– Acadou o galardón ao acadar 847 puntos nunha edición na que participaron máis de 300 persoas.
Casa Ignacio foi proclamado como o mellor petisco da cuarta edición do Saborea Cerdido grazas á súa proposta de ‘Croqueta, non lasaña e tiramisú’ que cativou os padais dos 847 comensais que lle outorgaron o seu voto.
O listado definitivo tal e como o reflexa a acta de premiados é:
1.Casa Ignacio – 847.
2.Mesón Froallo – 707.
3.Casa Viuda – 636.
4.El Rincón de Tania – 629.
5.Bar Elvis – 496.
A vindeira semana farase a entrega do trofeo aos responsables do establecemento e o sorteo de premios entre as persoas que participaron na elección dos locais gañadores. Ademais, repartiranse diferentes premios económicos entre os locais participantes en función da súa posición. O importe destes é de 175, 150, 125, 100 e 75 euros, respectivamente.
Desde o Concello celebran a fantástica resposta da veciñanza e dos visitantes xa que se rexistraron máis de 300 participantes no concurso. O alcalde, Alberto Rey, puxo en valor “o compromiso da hostalaría local e o seu esforzo durante toda a fin de semana para poder levar a cabo un evento que dinamiza enormemente a actividade municipal e que agardamos se siga mantendo durante moitos máis anos”.