O proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal é un dos pratos fortes da Deputación na Feira Internacional de Turismo (Fitur) de Madrid, que se inaugurou onte. Tense prevista unha reunión con representantes do Comité Nacional Español de Geoparques Mundiais, da UNESCO, e coa dirección doutros geoparques españois para tratar de solicitar apoios a esta iniciativa, impulsada polos concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Ortigueira, Moeche, San Sadurniño e Valdoviño, co respaldo da Deputación.