Este mes de setembro ábrese cunha nova exposición na Casa do Concello dentro do programa ‘Unha obra, unha mirada’. Durante todo o mes poderán visitarse as obras en ferro de Manuel Armada Santalla, artista de Cedeira.

A exposición, que consta de varias pezas feitas neste material, poderá visitarse na Casa do Concello en horario de 8:00 a 14:30 horas.