• Estará situado diante da Casa Consistorial en horario de 12 a 15 h e de 18 a 20 h

 

  • Poderán degustarse produtos do mar e daranse a coñecer os labores dos profesionais da pesca e do marisqueo

 

Cerdido, 30 de outubro de 2023. O Concello de Cerdido recibe este martes a food truck da Consellería de Mar da Xunta de Galicia de Galicia Sabe Amar.

Será diante diante da Casa Consistorial en horario de 12 a 15 horas pola mañá, e de 18 a 20 horas na xornada de tarde.

Galicia Sabe Amar é unha campaña da Xunta de Galicia que nace no verán de 2021 para animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.

Desde o Concello de Cerdido animan a toda a veciñanza a achegarse e poder degustar os diferentes produtos que se ofrecen no posto ambulante.