- A administración local aproveitará o peche das instalacións durante o outono para proceder á instalación da nova máquina deshumidificadora
- Alberto Rey indicou que “é un dos servizos públicos máis demandados pola veciñanza, por iso marcámonos como obxectivo tela en funcionamento a principios do ano 2024”.
Cerdido, 26 de setembro de 2023. O Concello de Cerdido vén de anunciar que a piscina da Área Recreativa O Castro adiantará o seu peche, que estaba previsto para este sábado, ao xoves 28 por problemas técnicos.
Desde a administración local avanzan que, como xa estaba previsto, aproveitaran o peche ao longo do outono para proceder a instalar a nova máquina deshumidificadora, ademais de realizar diferentes labores de limpeza e mantemento das instalacións.
A piscina da Área Recreativa O Castro, segundo indica o rexedor “é un dos servizos públicos máis demandados pola veciñanza, por iso marcámonos como obxectivo tela en funcionamento a principios do ano 2024”.