A Campaña de Neve inclúe unha viaxe á estación de Valgrande-Pajares, en Asturias, entre o 19 e o 22 de xaneiro do vindeiro 2024. Os participantes no programa gozarán dunha estadía de catro días na estación de esquí na que poderán aprender este deporte e convivir con outros mozos e mozas.

Poderán solicitar a súa praza as persoas censadas nalgún concello da provincia da Coruña cunha idade comprendida entre 11 e 15 anos, cumpridos até o 31 de decembro. A iniciativa ten un custo de 85 euros e inclúe transporte, recollida no punto indicado, a estadía, manutención, monitores, clases, seguro, alugamento do material e acceso aos remontes mecánicos.

A inscrición está aberta ata o 1 de decembro ás 14:00 horas entregando no Concello a documentación precisa.

Formulario de inscrición