Xa está aberto o prazo de inscrición para o Obradoiro de Memoria e Ximnasia organizado polo Concello de Cerdido, unha oportunidade única para manter activa a mente e o corpo nun ambiente agradable e participativo.

As persoas interesadas poden inscribirse nos Servizos Sociais municipais ou chamando ao teléfono 981 41 10 00.

O obradoiro dará comezo o xoves 2 de outubro e desenvolverase na Escola da Avispeira, os martes e xoves de 16:00 a 18:00 horas.

A actividade conta coa financiación da Deputación da Coruña.