Na Casa do Concello de Cerdido, as 11:00 horas do día 27 de novembro de 2023, reúnese en
primeira convocatoria o órgano para a selección dos/as gañadores/as do III Concurso de pinchos
“Saborea Cerdido”, actuando como presidente D. Alberto J. Rey Paz, Alcalde do Concello de
Cerdido, como vogal Dª. Mª Amalia Díaz Rodríguez, 1ª Tenente-Alcaldesa e Concelleira de
Educación e Cultura e como secretaria/o Mª del Mar Caneiro Pérez, animadora sociocultural do
Concello de Cerdido, como membros do tribunal fan constar:

Que no III Concurso de pinchos participaron un total de 198 persoas, das cales 174 foron papeletas
válidas e 24 foron consideradas papeletas nulas por erros no xeito de realizar a puntuación e non
cumprir coas bases da convocatoria.

 

Fai clic na ACTA DO III CONCURSO DE PINCHOS SABOREA CERDIDO para coñecer os resultados.