ℹ📩 O Concello de Cerdido pon a disposición da veciñanza un modelo xenérico de alegacións ao parque eólico Badulaque que ten afectación directa sobre o noso territorio.Lembra que podes descargar e imprimir o formulario cubrindo os teus datos e asinando para entregar por rexistro, tamén podes cubrilo e coa sinatura dixital entregar a través de sede electrónica solicitude xeral.
📌🔴Vindeiras reunións informativas con a veciñanza das parroquias👇
🟢📌 Xoves 19 de Agosto de 18:00 a 20:00 no Pavillón deportivo municipal para a veciñanza de A barqueira e Os Casás(Faise no pavillón ao non haber espazo suficiente para garantir distancias no local de Os Casás)
🟢📌Venres 20 de Agosto de 18:00 a 20:00 no Castro en Cerdido para a veciñanza de Cerdido.
A corporación municipal do Concello de Cerdido móstrase contraria á instalación do parque eólico Badulaque e a través dunha declaración institucional consensuada por todos os grupos políticos que forman parte desta corporación manifesta o seu rexeitamento ao proxecto e pide que se desestime o Estudo de Impacto Ambiental presentado pola incompatibilidade cos valores ambientais, patrimoniais, paisaxísticos, sociais, económicos e de desenvolvemento rural sostible na área de afección.
Unha vez estudada en profundidade a afectación que tería o parque eólico, tanto no campo ambiental como paisaxístico, e despois de escoitar aos veciños e veciñas así como aos integrantes da Plataforma Cerdido Di Non , consideramos que a súa implantación sería abusiva e prexudicial para a veciñanza.
É por iso que a administración local porá ao dispor dos veciños e veciñas un modelo xenérico de alegacións en contra do proxecto. Estará dispoñible nas oficinas municipais, redes sociais e páxina web do Concello. As alegacións pódense presentar tanto presencialmente como por sede electrónica.