No Boletín Oficial da provincia de A Coruña número 246, de 29 de dciembre de 2022, foron publicadas integramente as bases que rexerán a convocatoria para o acceso ás seguintes prazas:
Unha praza de animador sociocultural, persoal laboral fixo, grupo 3, mediante o sistema de concurso.
Unha praza de condutor – encargado de maquinaria municipal, persoal laboral fixo, grupo 4, mediante o sistema de concurso.
Catro prazas de auxiliar de axuda en el fogar, xornada completa, persoal laboral fixo, grupo 5, mediante o sistema de concurso.
Dúas prazas de auxiliar de axuda en el fogar, xornada parcial, persoal laboral fixo, grupo 5, mediante o sistema de concurso.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte ó día publicación deste anuncio no “Boletín Oficial do Estado”.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da Provincia ou no taboleiro de anuncios do Concello de Cerdido.
Cerdido, 02 de xaneiro de 2023.
O Alcalde, Benigno Galego Castro