A XXXI Feira do Cabalo da Barqueira repetiu o éxito das pasadas edicións reunindo a preto dun milleiro de asistentes para gozar dos máis de 80 xinetes e xinetas que participaron no gran concurso da andadura tradicional galega.
En total hobo premios nas categorías: Serrada -1.5, Serrada +1.5, Chapeada +1.5, Chapeada -1,5, ademais de premios ao mellor poldro e ao xinete de maior e menor idade da localidade. Estes galardóns estiveron patrocinados por cinco locais hostaleiros do municipio.
A oferta de actividades da xornada completouse cos postos de artesanía e os xantares nos que se serviron polbo e churrasco.
Resultados:
1º MARCOS MASEDA con NANCY
TROFEO BAR ELVIS – Chapeada +1,5m
1º VICTOR GARCÍA con GOYA
TROFEO CASA IGNACIO – Serrada -1,5m
1º JAIME CARRO con MAURO
TROFEO RINCÓN DE TANIA- Serrada +1,5m
1º DARÍO CASAS con KENIA
TROFEO MESÓN FROALLO- Mellor poldro de -2 anos.
1º ANTONIO AMOR
TROFEO CONCELLO DE CERDIDO
AMAZONA/CABALEIRO MÁIS NOVO – ÁNGEL MERA
AMAZONA/CABALEIRO MÁIS MAIOR – CONSTANTINO CASAL
TROFEO CASA VIUDA- Chapeada -1,5m