
Luminaria San Xoán
06/06/2019 - 08:00 - 24/06/2019 - 17:00
O Concello de Cerdido xunto coa Asociación de Mulleres Rurais Albar Quercus, a Asociación Cultural Airiños dos Carrís, a Asociación Cultural Arumes do Castro e a Comisión de festas de Os Casás 2019 celebrará un ano máis a lumeirada de San Xoán. A festa terá lugar nos Casás o día 23 de xuño e a cea servirase dende as 21:00 ata as 22:30. Se queres pasar esta noite con nós e desfrutar da actuación de Nuria do Trío Boreal recorda que debes inscribirte no concello ou en calquera das asociacións colaboradoras antes do venres 14 de xuño.