Cargando Eventos
Este evento ha pasado.

O Concello de Cerdido está impulsando a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). A existencia de varios erros no PXOM do ano 2007 fai necesaria a súa modificación e dado que é un procedemento complexo é moi importante a colaboración e a participación dos propietarios e propietarias de parcelas. O día 3 de abril o executivo local, xunto con espertos na materia, realizaran dúas charlas no Castro e na Casa da Cultura as que están convidados a participar tódolos veciños e veciñas.

Comparta esta noticia en su red social