1.- Obxecto do concurso:
O concurso “Saborea Cerdido” nace co obxectivo de dinamizar a hostalaría local ademais de dar a coñecer os nosos produtos e os locais hostaleiros do noso termo municipal. Esta iniciativa está organizada polo Concello de Cerdido, contando coa colaboración da totalidade dos locais hostaleiros de Cerdido e celebrarase durante o día 25 de novembro de 2023 de 11:00 a 15:00 e de 19:00 a 22:00 horas e o día 26 de novembro de 2023 11:00 a 15:00 horas.
2.- Participantes:
2.1.- Locais hostalería:
Dende o Concello de Cerdido foron convidados a participar tódolos locais hostaleiros do concello e aceptaron, polo que os locais participantes serán os seguintes:
– Bar Elvis (Campo da Igrexa, Os Casás)
– Mesón Froallo (Casavella, A Barqueira)
– El Rincón de Tania (Felgosas, A Barqueira)
– Casa Viuda (Porto, A Barqueira)
2.2.- Poboación:
Poderá participar toda a poboación de Cerdido e de outros lugares, sempre que cumpran os requisitos esixidos nas presentes bases.
3.- Modalidade de participación:
3.1.- Locais hostalería:
– Cada local participante so poderá participar cunha única modalidade de pincho, cuxo nome e ingredientes deberá comunicar ao concello, previamente ao inicio do concurso.
– Os pinchos deberán ser en formato pequeno (3 ou 4 bocados) e elaborados polo propio establecemento de xeito artesanal.
3.2.- Poboación:
Para poder participar no concurso é obrigatorio facer polo menos unha consumición, que non sexa café, en cada un dos cinco locais participantes. En tódolos locais haberá tarxetas a disposición dos participantes. A tarxeta será persoal e as valoracións dos pinchos deberán ir anotadas nunha única tarxeta que, unha vez completada, será depositada nunha das urnas habilitadas ao efecto en calquera dos establecementos participantes. A tarxeta deberá ir cuberta co nome e apelidos da persoa, DNI e teléfono de contacto. Para que a tarxeta sexa tida en conta no reconto deberá contar coa puntuación outorgada a cada un dos cinco petiscos e selada pola totalidade dos locais participantes, en caso contrario non se considerará válida e será descartada.
Na puntuación que cada consumidor outorgue aos pinchos deberá valorarse o sabor, a presentación, e tódalas cualidades que se consideren oportunas, xa que en base a esas puntuacións concederanse os premios aos 3 mellores pinchos.
Os locais participantes estarán obrigados a ofrecer o petisco só coa primeira consumición nos días e horarios do concurso, non téndose en conta o café como consumición con dereito a pincho.
4.- Prazo de presentación:
Os locais que desexen participar no concurso deberán cubrir unha instancia no modelo facilitado polo concello, no que deberá constar o nome do petisco, os ingredientes e unha fotografía, e presentala no rexistro do Concello de Cerdido antes do 22 de novembro de 2023.
5.- Premios:
5.1.- Premios para os locais participantes:
Para os locais que elaboren os 3 pinchos con mellor puntuación recibirán un trofeo e un distintivo coa indicación de 1º, 2º e 3º clasificado, segundo corresponda pola orde de puntos recibidos.
5.2.- Premios para a poboación participante:
As persoas participantes no concurso, que cubran e depositen a tarxeta de valoración, correctamente cuberta, entrarán nun sorteo de 3 premios que se realizará xuntando todas as papeletas participantes. O sorteo realizarase no local galardoado co mellor pincho do concurso na data que determine o concello e que será publicada nas redes sociais do concello. Tódolos participantes poderán optar a un dos 3 premios previstos consistentes en:
1º premio: un vale de 75 € a gastar no local galardoado co 1º premio do concurso.
2º premio: un vale de 50 € a gastar no local galardoado co 2º premio do concurso.
3º premio: un vale de 25 € a gastar no local galardoado co 3º premio do concurso.
6.- Fases do concurso:
6.1.- Presentación.
Antes do comezo do concurso, publicarase na páxina web do Concello de Cerdido e nas redes sociais a listaxe dos establecementos participantes, xunto coas bases e as características do concurso.
Distribuirase unha urna e tarxetas de valoración a cada un dos establecementos participantes.
6.2.- Datas, horarios e votacións.
O concurso desenvolverase os días 25 e 26 de novembro de 2023.
O horario en que o pincho estará obrigatoriamente a disposición dos clientes será o día 26 de 11:00 a 15:00 e de 19:00 a 22:00 horas e o día 27 de novembro de 2022 11:00 a 15:00 horas, sempre respectando o horario de apertura e peche de cada establecemento e quedando a consideración de cada local se desexan ampliar este horario.
O pincho do concurso será gratuíto e non poderá ser servido ata que se teña solicitada a consumición obrigatoria no local.
Cada establecemento deberá selar ou asinar a tarxeta para confirmar que a persoa fixo a consumición no local.
6.3.- Selección do establecemento gañador.
Os locais gañadores do mellor pincho do concurso serán aqueles que decida a poboación participante cos seus votos.
Convocarase a tódolos establecementos participantes ao acto de reconto de votos.
Solo serán válidas as tarxetas seladas e/ou asinadas por tódolos locais participantes.
Os establecementos cuxos 3 pinchos reciban a maior puntuación serán os galardoados co 1º, 2º e 3º premio do concurso.
6.4.- Entrega de premios.
A entrega de premios realizarase nun acto público en cada un dos locais galardoados. O sorteo dos agasallos entre a poboación participante no concurso realizarase igualmente nun acto público no local galardoado co 1º premio do concurso. En caso de que os gañadores non estean presentes no acto, notificaráselles por teléfono e de non ser posible contactar con eles realizarase un novo sorteo.
6.5.- Dereitos de imaxe.
As persoas premiadas ceden os seus dereitos de imaxe para que as reportaxes fotográficas, informativas e promocionais relacionadas con este concurso poidan ser publicadas en calquera soporte divulgativo.
6.6.- Aceptación das bases.
A presentación e participación no concurso implica a aceptación das súas bases.
6.7.- Responsabilidade e información.
Para calquera dúbida relacionada co concurso, poderán dirixirse ao Concello de Cerdido, teléfono 981 411 000 ou por correo electrónico no seguinte enderezo: correo@cerdido.es