A Deputación da Coruña pon en marcha un ano máis os campamentos deportivos deste verán. Estes campamentos están destinados a nenos empadroados nun concello da provincia da Coruña, nados entre o 1 de xaneiro de 2009 e o 31 de decembro de 2014.
Os participantes desfrutarán de 5 días con aloxamento e manutención, na residencia que ten a Deputación no IES Rosalía Mera, onde poderán gozar dunha ampla variedade de actividades.
A Deputación asume a maior parte dos gastos. Cada participante aboará unha cuota de 85€.
A quenda do noso concello é do 2 ao 7 de xullo.
As inscricións faranse dende o 10 de maio ata o 7 de xuño, e se presentan no rexistro do concello.
Podedes descarregar no seguinte enlace o tríptico no que se explica todo e serve de solicitude de inscrición: