O venres 30 de outubro “La Guagua” pasará polo cole co espectáculo “Cantabaila” co que esperamos que o alumnado desfrute dunha boa xornada. A actividade orixinal foi adaptada para cumprir con tódalas medidas de seguridade impostas polo COVID. Dende o Concello de Cerdido, coa colaboración da Deputación da Coruña e do CEIP de A Barqueira, tratamos na medida do posible, de facer unha aposta pola promoción da cultura, facendo partícipes aos nenos e nenas de Cerdido con propostas dinámicas e atractivas nun intento de adaptar a situación actual a normalidade nestes tempos tan complicados. A actividade forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña para o ano 2020.