26/02/2026 26/02/2026

‘O bar de Pita’ vence no Concurso de Mecos de Cerdido

26/02/2026|

O Concurso de Mecos de Cerdido xa conta cunha vencedora. Tras rematar as votacións este mércores, Pili Pazos rematou en primeira posición con 67 votos pola súa creación: 'O bar de Pita'. Deste xeito, levará unha cesta con produtos de Entroido. Parabéns!

23/02/2026 23/02/2026

Financiamento dos Servizos Sociais Municipais

23/02/2026|

A Deputación da Coruña colaborou cos Servizos Sociais do Concello de Cerdido durante o ano 2025 ao abeiro do programa POS + Adicional para o financiamento dos gastos sociais extraordinarios. O importe concedido destinouse a cubrir parte do coste das horas de SAF na súa modalidade de dependencia, ás emerxencias sociais, á posta en marcha [...]

11/02/2026 11/02/2026

Adecuación da Casa da Cultura do Concello de Cerdido

11/02/2026|

Este proxecto acométese con fondos procedentes do Instituto para a Transición Xusta, no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia, financiado polo Fondo europeo de Recuperación Next Generation EU.

17/11/2025 17/11/2025

Cerdido convoca o seu segundo concurso de arranxos exteriores de Nadal

17/11/2025|

O Concello de Cerdido convoca a segunda edición do Concurso de Arranxos Exteriores de Nadal, co obxectivo de engalanar a localidade coas cores propias destas festas e fomentar a creatividade da veciñanza. Poderá participar calquera persoa con vivenda no termo municipal que se inscriba e cumpra os requisitos establecidos nas bases. Tamén poderán facelo os [...]

07/11/2025 07/11/2025

Cerdido aposta pola sustentabilidade e dotará á flota municipal dun vehículo 100% eléctrico

07/11/2025|

O Concello de Cerdido sumará un novo turismo á súa flota municipal e farao apostando pola sustentabilidade xa que se trata dunha furgoneta 100% eléctrica. O importe da adquisición é de 33.275 euros, e as empresas interesadas en participar no proceso poderán presentar as súas ofertas a través do perfil de contratación ata o vindeiro [...]

20/10/2025 20/10/2025

Cerdido programa unha festa de Samaín coa que pasalo de medo o 25 de outubro

20/10/2025|

O Concello de Cerdido organiza unha festa de Samaín para o vindeiro 25 de outubro. A cita terá lugar no polideportivo municipal desde as 16:30 ata as 19:30 horas. A programación inclúe numerosas actividades como xincana, obradoiros demanualidades, inchables, desfiles ou animación musical. Ademais tamén se servirán castañas e instalarase un toldo para que as [...]

18/09/2025 18/09/2025

O XI Open de dominó do Concello de Cerdido celebrarase o sábado 27 de setembro

18/09/2025|

O vindeiro sábado, 27 de setembro, chega o XI Open de dominó do Concello de Cerdido! Celebrarase durante todo o día no polideportivo municipal e repartiranse 1.060 euros en premios ás mellores parellas e equipos clasificados. O importe da inscrición é de 40 euros, con comida incluída, reducíndose en 10 euros para as persoas socias [...]

Ir a Arriba