O Concello pon en marcha unha nova iniciativa para promover a seguridade e a autoconfianza das mulleres fronte a situacións de violencia de xénero. O vindeiro 2 de febreiro terá lugar o Curso de Defensa Persoal Feminina, unha actividade especialmente deseñada para ofrecer ferramentas físicas e psicolóxicas que permitan ás participantes reaccionar eficazmente ante posibles situacións de risco.

Preparación integral da man de expertos/as
O curso estará impartido por profesionais cualificados/as en técnicas de defensa persoal. A formación combinará aspectos prácticos e teóricos, permitindo ás participantes adquirir habilidades físicas para a autodefensa, así como estratexias psicolóxicas para xestionar situacións de tensión e perigo.

Inscrición aberta no Concello
As mulleres interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición directamente nas instalacións do Concello. As prazas son limitadas, polo que se recomenda ás interesadas que realicen o trámite o antes posible.

Para máis información, contacta co Concello.