O Concello de Cerdido sumará un novo turismo á súa flota municipal e farao apostando pola sustentabilidade xa que se trata dunha furgoneta 100% eléctrica.

O importe da adquisición é de 33.275 euros, e as empresas interesadas en participar no proceso poderán presentar as súas ofertas a través do perfil de contratación ata o vindeiro 17 de novembro.

Con esta compra, o goberno local reafirma o seu compromiso coa mellora dos servizos municipais e coa sustentabilidade, unha aposta iniciada hai preto dun ano, cando o Concello asinou un convenio coa Xunta de Galicia, froito do cal ambas as institucións colaboraron na adquisición dunha pick-up eléctrica.