• O Concello anuncia a convocatoria da vixésimo quinta edición deste certame literario dirixido a fomentar a lectura e promover a capacidade narrativa da veciñanza.
• As persoas interesadas en participar poderán mandar o seu conto, que deberá versar sobre Cerdido, ata o 11 de abril.
Cerdido, 24 de marzo de 2025. Fomentar a lectura e darlle un oco ao agromar literario. Eses son os piares sobre os que se erixe a convocatoria, un ano máis, do Concurso de Contos de Cerdido, bautizado desde o ano 2024 co nome do mestre Manuel Otero Pazos, en recoñecemento ao seu labor docente na localidade. Por iso co gallo da conmemoración do Día do Libro, o 23 de abril, o Concello convoca unha nova edición desta iniciativa coa mira posta en repetir, ou mellorar, o éxito dos anos anteriores.
Deste xeito, todas as persoas que desexen participar poderán facelo achegando un conto, lenda ou historia, real ou ficticia, sobre Cerdido. Ditas narracións deberán ser escritas en galego ou castelán e ser inéditas.
Haberá dúas categorías principais; a infantil, para o alumnado do CEIP A Barqueira; e a adulta, dirixida a calquera persoa maior de 14 anos. Na modalidade infantil establécense as seguinte subcategorías:
Infantil: Vale conxunto de 40 € para material escolar para o curso de Infantil
1º e 2º de primaria
1º premio Vale de 40 € para material escolar
2º premio Vale de 30 € para material escolar
3º premio Vale de 20 € para material escolar
3ª e 4ª de primaria
1º premio Vale de 40 € para material escolar
2º premio Vale de 30 € para material escolar
3º premio Vale de 20 € para material escolar
5º e 6º de primaria
1º premio Vale de 40 € para material escolar
2º premio Vale de 30 € para material escolar
3º premio Vale de 20 € para material escolar
O premio para a categoría adulta consistirá nun lote de libros.
As obras poderán presentarse ata o día 11 de abril de 2025 e deberán remitirse ao Concello de Cerdido nun sobre pechado por correo ou de xeito presencial nas oficinas municipais, indicando en calquera das modalidades “XXV Concurso de contos do Concello de Cerdido: Manuel Otero Pazos”.
O alcalde, Alberto Rey, fai un convite á participación “nun certame consolidade na localidade co que se busca que a veciñanza sexa un suxeito activo na vida cultural ao mesmo tempo que se mantén viva a tradición e o arraigo da localidade”.