O Concello de Cerdido celebrará o vindeiro 29 de novembro a primeira edición do San Martiño Literario, unha xornada na que se porá en valor a literatura a poesía e a música.

A cita terá lugar a partir das 18:00 horas na área recreativa do Castro e nela daranse cita os seguintes autores e autoras: José Vázquez Liste, Xoán Pedreira, Carmen Presedo, Edita Nogueira, José Luis Graña, Paco Vila, Santiago Rodríguez, Raquel Rodríguez e Amalia Díaz.

A programación do evento incluirá musica e o recitado dunha escolma de poemas algúns de creación propia e outros de diversos autores. A data foi escollida como unha reminiscencia das festas da parroquia de San Martín de Cerdido que antigamente se celebraban na data propia do San Martiño.

O goberno local fai un convite á veciñanza para asistir á primeira edición dun evento “pioneiro na localidade” que busca poñer en valor o talento cultural da comarca.