O Concello de Cerdido convoca a segunda edición do Concurso de Arranxos Exteriores de Nadal, co obxectivo de engalanar a localidade coas cores propias destas festas e fomentar a creatividade da veciñanza.
Poderá participar calquera persoa con vivenda no termo municipal que se inscriba e cumpra os requisitos establecidos nas bases. Tamén poderán facelo os negocios ou establecementos, aínda que participen a título individual, coa condición de que presenten arranxos diferentes.
As persoas interesadas poden inscribirse ata o vindeiro 12 de decembro nas oficinas municipais ou enviando un correo a cultura@cerdido.es, indicando nome e apelidos, teléfono de contacto, lugar e parroquia, xunto cunha fotografía do arranxo.
O gañador será elixido mediante votación popular e recibirá unha cesta con produtos de Nadal.
As fotografías dos arranxos, que deberán ser visibles desde a vía pública, publicaranse nas redes sociais do Concello (Facebook e grupo de WhatsApp).
A votación poderá realizarse, desde o día 12, por tres vías:
- Facebook: premendo “gústame” ou “encántame” na fotografía do arranxo escollido.
- WhatsApp: enviando a valoración da fotografía e indicando o nome e apelidos da persoa votante.
- Papeleta física: cubríndoa e depositándoa na urna dispoñible nas oficinas municipais.
Cada persoa dispón dun único voto e, para que sexa válido, deberá poder ser identificada. Os votos duplicados non se terán en conta no reconto final.
O prazo para votar rematará o 31 de decembro. Todas as valoracións realizadas fóra desta data consideraranse como non válidas. A persoa gañadora darase a coñecer o 2 de xaneiro