O Concello de Cerdido organiza unha festa de Samaín para o vindeiro 25 de outubro. A cita terá lugar no polideportivo
municipal desde as 16:30 ata as 19:30 horas.
A programación inclúe numerosas actividades como xincana, obradoiros demanualidades, inchables, desfiles ou animación musical. Ademais tamén se servirán castañas e instalarase un toldo para que as persoas asistentes poidan
tomar as súas consumicións con toda comodidade.