O Concello de Cerdido promove unha recollida de alimentos non perecedoiros e de materiais para as persoas afectadas polas inundacións de Valencia.
Seguindo as instruccións dos organismos competentes farase un acopio de alimentos non perecedoiros e de material de hixiene persoal e limpeza para enviar á zona damnificada cando a loxística así o permita.
As persoas que desexen doar poderán facelo no pavillón municipal, preferiblemente en horario de mañá, chamando previamente ás oficinas municipais