O Concello de Cerdido anuncia a celebración do “Día do Maior”, unha xornada dedicada a render homenaxe ás persoas maiores do municipio, recoñecendo o seu papel fundamental na localidade. Esta celebración terá lugar o sábado 22 de novembro na área recreativa de O Castro, a partir das 16:00 horas.
Ao longo da tarde, as persoas asistentes poderán desfrutar dunha programación deseñada para promover a convivencia e o entretemento interxeracional. A xornada contará cunha representación teatral baixo o título “Falemos coma galegas”, seguida dunha chocolatada ofrecida a todas as persoas participantes e dunha actuación musical que culminará o encontro.
Ademais, realizaranse sorteos e entregarase un recoñecemento especial á persoa máis lonxeva do Concello presente no acto.
Este evento celébrase coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais de Cerdido “AlbarQuercus”, cuxa implicación, esforzo e compromiso resultan fundamentais para converter esta data nunha ocasión especialmente significativa para a veciñanza.
O Concello de Cerdido anima a toda a veciñanza a participar nesta celebración, que pretende ser un espazo de encontro e celebración compartida, no que honrar ás persoas maiores e poñer en valor a súa presenza e contribución