O proxecto de adecuación da casa da cultura de Cerdido xa está no perfil de contratación e manterá o seu prazo de presentación de ofertas ata o vindeiro 6 de agosto.

A actuación, enmarcada no Plan de Recuperación, Transformación Resiliencia, e financiada a través do Instituto de Transición Xunta, terá un orzamento de 419.155,08 euros e suporá a reconversión do actual centro nunha edificación moito máis moderna a funcional, mellorando íntegramente a súa accesibilidade e funcionalidades.

Entre as actuación proxectadas inclúese a creación dun centro de maiores con zonas de descanso, espazos para obradoiros, actividades físicas e un programa estable de actividades culturais e sociais. Incorporará ademais un sistema dixital avanzado para mellorar a xestión e a comunicación coas familias.

No primeiro andar situarase un espazo de coworking con doce postos de traballo equipados con equipos informáticos, pensado para fomentar o emprendemento e apoiar iniciativas lideradas por mulleres. Contará con zona común, office e reprografía, ademais de acceso automatizado e wifi pública.

No andar semisoto acondicionarase unha aula de formación con equipamento tecnolóxico para cursos e accións formativas, con especial atención á mellora das oportunidades laborais das mulleres e á creación de empresas.

O proxecto complétase coa humanización do exterior, incorporando bancos, arborado, puntos de luz, unha zona de descanso, un punto de recarga para vehículos eléctricos e un punto limpo, así como a instalación dun panel informativo dixital.

 

Este proxecto acométese con fondos procedentes do instituto para a Transición Xusta, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado polo Fondo Europeo de Recuperación Next Generation EU.