Situación: O Concello de Cerdido linda ao norte co de Cedeira, ao sur con Somozas e Moeche, ao oeste co de Valdoviño e ao leste co de Santa Marta de Ortigueira. A capital municipal sitúase en Vila da Igrexa, aínda que o principal núcleo de poboación é A Barqueira. Historicamente este territorio estivo baixo o dominio da Casa dos Andrade e administrado polos marqueses de San Sadurniño.

A poboación actual é de 1.249 habitantes (xaneiro 2014) agrupados en asentamentos básicos de convivencia (as parroquias), os cales ao mesmo tempo se distribúen en máis de 90 núcleos de poboación denominados lugares.

A superficie total do municipio é de 52,94 km2.

A densidade media de poboación é variable segundo a parroquia. Cunha densidade de 24 habitantes por Km2 e unha media de idade de 55 anos.

Atractivos: A natureza, as paisaxes, o seu patrimonio etnográfico e arquitectónico… son lugares idóneos para practicar turismo de lecer e de aventura a través das rutas de sendeirismo deseñadas por marabillosos espazos naturais.

As casas e hoteis rurais, xunto coas rutas, acompañado da excelente gastronomía e da amabilidade das nosas xentes, converten o turismo rural nun sector en auxe que ofrece calidade no servizo.