A Deputación da Coruña colaborou cos Servizos Sociais do Concello de Cerdido durante o ano 2025 ao abeiro do programa POS + Adicional para o financiamento dos gastos sociais extraordinarios. O importe concedido destinouse a cubrir parte do coste das horas de SAF na súa modalidade de dependencia, ás emerxencias sociais, á posta en marcha do programa Xantar na Casa e á continuación dos Servizos de Podoloxía e Fisioterapia para os nosos usuarios do SAF.