Xa está próxima a celebración do San Xoán e como tódolos anos estase organizando a luminaria que se celebrará o día 23 de xuño nos Casás. A organización corre a cargo do Concello de Cerdido, a comisión de festas dos Casás 2023 e a Asociación de Mulleres Rurais Albar Quercus. Se queres asistir recorda que debes inscribirte antes do domingo 18 de xuño, falando con calquera das entidades da organización.