O Concello de Cerdido ultima os preparativos para acoller este domingo, 1 de decembro, o I Campionato Nacional Canino no que máis de cen participantes se darán cita.
A competición desenvolverase no pavillón municipal da Barqueira, un espazo que se converterá desde as 10:00 horas da mañá no epicentro canino nacional xa que as persoas asistentes á cita poderán gozar de numerosas actividades entre as que se inclúe unha exhibición de podencos.
Desde o goberno local faise un convite á veciñanza a asistir a un evento “de índole nacional” que porá a Cerdido na vangarda das competición caninas.