Cerdido poñerá un autobús de balde para acudir o xoves 2 de setembro á manifestación en A Coruña contra o peche da oficina de Abanca e solicitando a súa reapertura.
O Concello de Cerdido fretará un autobús para que todos os veciños/as que así o desexen poidan acudir á manifestación prevista para o xoves día 2 de setembro na Coruña contra o peche de oficinas bancarias realizado por Abanca. O Concello, aliñado coas reclamacións veciñais, fretará un autobús para acudir á manifestación con saída ás 10.00 horas de diante o Concello na Barqueira e regreso sobre as 13:30 da Coruña, para anotarse os veciños/as e afectados/as deben chamar ao 981411000 antes do día 31 de agosto.
Nesta acción de protesta a veciñanza de Cerdido non estará soa, posto que na convocatoria participarán tamén asociacións e gobernos municipais de outros Concellos como Zas, Vimianzo e A Baña onde ABANCA anunciou ou peche de polo menos 8 oficinas, que se veñen engadir a outras de zonas rurais clausuradas non último ano.
O Concello de Cerdido xa aprobara en pleno unha declaración institucional reclamando a entidade bancaria que reconsiderase a súa postura e ao mesmo tempo enviouse un escrito o día 29 de xuño sen que a entidade respondese ata o momento.