Os concellos de Moeche, San Sadurniño e Cerdido conxuntamente poñerán un autobús a disposición das persoas que desexen acudir á manifestación convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública para o domingo 10 de febreiro en Santiago de Compostela. Non fai falla inscrición previa, o autocar sairá ás 10.00 h. da Barqueira, parará ás 10.15 h. no Concello de Moeche e deterase sobre as 10.30 h, diante do Concello de San Sadurniño. Haberá un segundo bus de reserva por se fose necesario. A saída de regreso está prevista para as 14.00 horas.