PLAN: MARCO DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS 2020-2021

PROXECTO: Camiño Escote – Abelleira (A Barqueira) e outro

PROMOTOR: Concello de Cerdido

INVERSIÓN: 42.735,99 €

IMPORTE DA AXUDA: 35.319,00 €

Este proxecto englóbase dentro do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cuxa finalidade é a execución de obras encamiñadas á mellora da rede viaria existente no medio rural, facilitando así a accesibilidade ás explotacións agrarias e contribuíndo ao aumento da competitividade agraria e forestal, xa que facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias, o que redunda nunha maior axilidade das operacións agrarias e nunha redución de custos e dos tempos necesarios para poñer os produtos no mercado.

As obras contemplan actuacións de mellora do pavimento e obras de drenaxe e sinalización asociadas en camiños de titularidade municipal xa existentes.

1. Camiño Escote-Abelleira (A Barqueira)

Descrición: Lonxitude total 1.355 m., dividido en dous treitos de 730×3,50 e 625×3,50 m., un sobreancho de 30×9,50 e un abanico de 15×5,00 m.

Procederase á limpeza de gabias ambas marxes e a mellora da capa de rodaxe. Aplicarase un tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación de baches e perfilado de mordentes ó 15% da superficie con pedra 32/63 mm e tratamento asfáltico semiprofundo.

Completan a obra a canalización de 6 m. de cano de formigón de 40 cm. de diámetro coas correspondentes embocaduras e a sinalización vertical con colocación dunha sinal de Stop.

2. Camiño a Abelleira de Arriba (A Barqueira)

Descrición: Lonxitude 1.105 m, ancho 3,50 m e un sobreancho de 150 m2.

Procederase á limpeza de gabias ambas marxes e a mellora da capa de rodaxe. Aplicarase un tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación de baches e perfilado de mordentes ó 15% da superficie con pedra 32/63 mm e tratamento asfáltico semiprofundo.