Chegadas estas datas, os nenos e nenas de Cerdido non podían quedar sen celebrar o Samaín, unha tradición xa arraigada no noso territorio. Por este motivo, dende o Concello de Cerdido dentro da programación cultural, coa colaboración da Deputación da Coruña e do CEIP de A Barqueira, contará o luns 2 de novembro con “Chuches Amil”, que estará no centro educativo para achegar a música ao alumnado co espectáculo “Mostros, con ou sen consentimento”. Desexamos que todos os rapaces e rapazas do centro desfruten desta actividade que contará con todas as medidas de prevención que establecen os protocolos para loitar contra a propagación do COVID.