O Concurso de Mecos de Cerdido xa conta cunha vencedora. Tras rematar as votacións este mércores, Pili Pazos rematou en primeira posición con 67 votos pola súa creación: ‘O bar de Pita’.
Deste xeito, levará unha cesta con produtos de Entroido. Parabéns!