O Concello de Cerdido vén de executar unha serie de melloras no campo de fútbol Bernardino Breijo, continuando así na aposta do executivo local por optimizar as instalacións deportivas municipais.
As intervencións que se levaron a cabo tiveron lugar no peche perimetral, cunha reparación e novo pintado, ademais da instalación de novas uralitas. Ademais, as cubertas dos banquiños foron substituídas por uns elementos tamén novos e dun material que favoreza a durabilidade e leven as cores do Cebarca. Ademais, nos vestiarios levouse a cabo a instalación de novos percheiros e asentos, ademais da realización de realizando tarefas de pintado debido o alto grao de humidade que presentaban tanto as paredes como os teitos.
O alcalde de Cerdido, Alberto Rey, destacou “a gran colaboración obtida da directiva da Unión Deportiva Cebarca”, sinalando que “o noso principal obxectivo é que todos os clubs de Cerdido poidan empregar as instalacións municipais nas mellores condicións posibles”.