A cita cultural terá lugar o sábado 14 de novembro, ás 18:00 horas, na Área recreativa do Castro a máis de dez relatores xunto con sesións de poesía e música.

O Concello de Cerdido organiza a II edición do San Martiño Literario, unha xornada festiva e cultural que este ano se desenvolve baixo a temática «Palabras que cruzan océanos», rendendo homenaxe á emigración, un fenómeno estreitamente ligado con Galicia e a súa literatura. O evento celebrarse o sábado 14 de novembro, a partir das 18:00 horas, no marco natural da Área recreativa do Castro. A cita incluirá recital de poesía, actuacións musicais e diversas sorpresas preparadas para a veciñanza e visitantes que se acheguen a gozar da literatura galega.

A apertura da xornada correrá a cargo do alcalde do municipio, Alberto Rey, e da concelleira de Cultura, Amalia Díaz, quen darán a benvida institucional aos asistentes. A continuación, tomarán a palabra un amplo grupo de intervenientes formado por Raquel Rodríguez, Edita Nogueira, Francisco Vila, Amalia Díaz, Santiago Rodríguez, Xoán Pedreira, José Vázquez Liste, Carmen Presedo, Carlos Salgado, José Luis Graña e Manolo Bermúdez.

O alcalde de Cerdido, Alberto Rey, destacou a importancia de consolidar esta cita dentro do calendario local ao sinalar que esta segunda edición do San Martiño Literario demostra que o goberno local está pendente da “promoción da cultura e do impulso do talento da nosa terra”. O rexedor engadiu que a Área recreativa do Castro convértese “no escenario perfecto para compartir a paixón polas letras e pola nosa identidade nun contorno único”.

Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Amalia Díaz, subliñou o significado da temática elixida para esta convocatoria ao manifestar que baixo o título ‘Palabras que cruzan océanos’ preténdese render homenaxe “a todas aquelas persoas que, por diversos motivos, víronse na obriga de marchar das súas casas en busca dun futuro mellor para eles e as súas familias”. A edil animou “a todos os veciños e veciñas a participar nunha tarde diferente na que a poesía, a música e a convivencia serán as grandes protagonistas”.