- Co gallo do Día Internacional da Muller, o Concello acolle esta escolma de fotografías que amosan diferentes escenas da vida cotiá das donas
- Estará aberta ao público de luns a venres, de 8 a 14:30 horas
Cerdido, 04 de marzo de 2024. O Concello de Cerdido dedica, co gallo do Día Internacional da Muller, a mostra ‘Unha obra, unha mirada’ do mes de marzo a todas as mulleres.
A Casa Consistorial acolle a mostra fotográfica ‘Mulleres’, unha escolma na que retrata diferentes escenas da vida cotiá das donas, e resalta o seu papel fundamental na nosa sociedade.
A mostra estará aberta ao público durante todo o mes de marzo en horario de 8 a 14:30 horas.
‘Unha obra, unha mirada’ persegue o obxectivo de facilitar o acceso cultural a aqueles núcleos de poboación con menos facilidades para acceder a actividades culturais como exposicións, concertos, espectáculos de humor, etc.