- A actividade terá lugar de 19:00 a 21:00 horas na Casa da Cultura
- A veciñanza coñecerá os beneficios da nova instalación pública con tecnoloxía LED instalada o pasado mes de abril
Cerdido, 23 de novembro de 2023. Cerdido organiza o vindeiro venres, 1 de decembro, unha xornada para explicará a motivación do Concello de Cerdido á hora renovar a iluminación pública en todo o termo municipal. A actividade terá lugar de 19:00 a 211:00 horas na Casa da Cultura.
A veciñanza coñecerá os beneficios da nova instalación, tanto en cuestión de seguridade, como para o medio ambiente e os aforros en eficiencia.
O concello goza dunha nova iluminación desde o mes de abril, cando se instalaron as últimas novas luminarias. Un total de 1.058 puntos de luz que foron reformados e substituídos por luminarias con tecnoloxía LED. Ademais, traballouse sobre 64 cadros de mando, nos que se instalou un novo sistema de telexestión que permite, non só conseguir unha maior brevidade á hora de resolver calquera tipo de incidencia, senón tamén un maior aforro de consumos.
Poñerase especial foco no novo sistema de telexestión implantado, centrado na iluminación por tramos horarios, intensidades no fluxo luminoso e instantaneidade á hora de realizar os mantementos oportunos.
O obxectivo desta charla é presentar o proxecto integral de renovación da iluminación pública, que ten o seu eixo central no aforro económico e enerxético para todas as familias do municipio.