- As obras levaranse a cabo nas pistas de Agreste a Carreiro de Bola e no Campo da Igrexa-Calmourel
- As obras están incluídas dentro do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña do ano 2021
Cerdido, 17 de outubro de 2023. O Concello e Cerdido realizará obras de mellora en dúas estradas municipais, a través do Plan de Obras e Servizos posto en marcha pola Deputación da Coruña en 2021.
Os terreos sobre os que se aplicarán estas melloras correspóndense coa pista de Agreste a Carreiro de Bola e a pista do Campo da Igrexa-Calmourel.
O orzamento destinado a este proxecto urbanístico conta cun total de 46.574euros que pertencen ao POS da Deputación da Coruña.
O proxecto contempla unha actuación na pista do Campo da Igrexa a Calmourel, que conta cunha lonxitude total de 415 metros e unha anchura variable de 5 a 6 metros. Mellorarase a capa de rodaxe con 5 centímetros de aglomerado en quente, reparación de fochancas, perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo.
O outro vial que se someterá a melloras é a pista que vai de Agreste a Carreiro e Bola, cunha lonxitude total de 690 metros e 4 de ancho. Actuarase sobre a capa de rodaxe con tratamento asfáltico superficial e inclúese o rego de selado ao longo de toda a plataforma, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo.
Estas decisións están tomadas en función das necesidades e pretensións municipais dispoñibilidades orzamentarias, estado das obras e resposta de actuacións similares na zona.
Terase en conta en ambas pistas a apertura as gabias e limpeza e salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal. Ademais, no caso do Campo da Igrexa levarase a cabo o pintado e a sinalización e colocarase unha soleira de formigón para a instalación de colectores de vidro e papel. Na pista e Agreste colocaranse tamén dúas bases de formigón para colectores e lixo. En ambos os dous casos, as estruturas de formigón estarán delimitadas por unha estrutura de madeira de piñeiro.
Segundo indica o alcalde, Alberto Rey, “esta obra forma parte do mantemento e mellora da vila de Cerdido que busca o maior benestar entre a veciñanza dando solución a problemas estruturais”.