A programación inclúe obradoiros de fitness, ioga, manualidades, bolillos e cociña en diversas localizacións do municipio co apoio da Deputación da Coruña.

A Asociación Albar Quercus pon en marcha a súa oferta de cursos para o período 2026/2027, unha iniciativa organizada en colaboración co Concello de Cerdido e co apoio da Deputación da Coruña. O programa inclúe unha ampla variedade de propostas de adestramento físico, benestar e artes manuais dirixidas á veciñanza.

No ámbito da actividade física, as sesións de Baile Fitness, GAP e Step impartiranse no Polideportivo A Barqueira. Os luns ofreceranse clases de Baile Fitness e GAP (exercicio de forza e tonificación) con dous posibles quendas, de 17:30 a 19:00 horas ou de 19:00 a 20:30 horas, mentres que os mércores será a quenda de Step e GAP en horarios de 18:30 a 20:00 horas ou de 20:00 a 21:30 horas, levándose a cabo ámbalas dous quendas se se acada un mínimo de persoas e coa posibilidade de intercambiar actividades. O prezo para esta modalidade é de 15 euros para socias e 25 euros para non socias se se asiste un día á semana, ou de 20 euros para socias e 30 euros para non socias no caso de acudir dous días á semana.

As disciplinas de benestar terán lugar no centro de O Castro. O ioga xeral impartirase os luns e mércores en horario de 18:30 a 20:00 horas, así como os martes de 10:00 a 11:30 horas. Paralelamente, os martes de 10:00 a 11:30 horas desenvolverase a modalidade de Ioga Amodiño, unha variante adaptada para realizar en sella e pensada especificamente para persoas con problemas de mobilidade. Para estas sesións de ioga tamén existe a opción de intercambiar actividades, sendo a tarifa dun día á semana de 30 euros para socias e 40 euros para non socias, e de dous días á semana por 40 euros para socias e 50 euros para non socias.

A oferta de talleres tradicionais e creativos distribúese por varias escolas do municipio. Os xoves, a Escolar Os Casás acollerá a actividade de Manualidades e Cestería de 19:00 a 21:00 horas, cun prezo de 25 euros para socias e 35 euros para non socias. Pola súa banda, a Escolar Avispeira será a sede do obradoiro de Bolillos os xoves de 15:30 a 18:30 horas, cun custo de 30 euros para socias e 40 euros para non socias. Finalmente, o curso de Cociña impartirase na Escolar Os Casás os mércores en dúas quendas, de 15:15 a 17:15 horas e de 17:30 a 19:30 horas, aínda que actualmente conta xa coas prazas completas.

As persoas interesadas en reservar a súa praza ou solicitar máis información poden poñerse en contacto a través dos teléfonos 679 912 842 (Daris), 626 618 881 (Montse) ou 626 061 737 (Silvia).