• Exporá a súa obra, con técnica de acuarela, na Casa Consistorial ata o vindeiro 31 de xaneiro


  • Estará aberta ao público de luns a venres, de 8 a 14:30 horas

 

Cerdido, 04 de xaneiro de 2024. Mercedes Ferreira Bouza será a primeira protagonista este ano no programa cultural ‘Unha obra, unha mirada’, que pretende achegar a arte ás zonas máis rurais do Concello de Cerdido.

A artista dedícase á medicina, e imparte o seu traballo no centro de saúde de Cerdido, paixón que comparte coa da pintura con acuarela. A súa obra é de temática costumista e de retrato, e presenta situacións cotiás coas que os espectadores poden identificarse con facilidade.

A mostra estará aberta ao público na Casa Consistorial ata o mércores, 31 de agosto, en horario de 8 a 14:30 horas.

O goberno local continúa apostando en 2024 por este programa cultural que establece exposicións con diferentes mostras artísticas en localizacións pertencentes á administración pública.

‘Unha obra, unha mirada’ persegue o obxectivo de facilitar o acceso cultural a aqueles núcleos de poboación onde non teñen tanta facilidades para acceder a actividades culturais como exposicións, concertos, espectáculos de humor, etc.