O Concello de Cerdido avanza no seu plan de mellora na mobilidade no seu termo municipal a través do proxecto de mellora dos camiños do Carreiro da Bola a Riba de Abaixo, nos Casás, e no camiño da Felgueira, en Cerdido.

A actuación, financiada con 39.850 euros procedentes de fondos de AGADER, suporá no camiño Carreiro Da Bola a Riba de Abaixo a limpeza de gabias ambas marxes e a mellora da capa de rodaxe un tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes. Afectará a un treito cunha lonxitude de 1030 metros e un ancho de 3,50 metros.

No camiño á Felgueira intervirase ao longo dunha lonxitude de 720 metros por 3,50 metros de ancho limpando gabias a ambas marxes e a mellora da capa de rodaxe un tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación de foxos e perfilado de mordentes.

O alcalde, Alberto Rey, sinala que a través destas melloras “garantimos unhas condicións máis óptimas de mobilidade para a nosa veciñanza” e sinala que desde o executivo “seguiremos traballando como ata o de agora para ofrecer cada vez mellores servizos e infraestruturas”.

cartel villa iglesia

cartel guelle