O Concello de Cerdido acollerá a IV edición do concurso de pinchos “Saborea Cerdido”, que se celebrará o 16 de novembro de 11:00 a 15:00 h e de 19:00 a 22:00 h, e o 17 de novembro de 11:00h a 15:00h.

Todos os locais hosteleiros do termo municipal participan nesta iniciativa, que marca unha das grandes citas gastronómicas do ano.
Os locais que participan son os seguintes: Bar Elvis (Campo da Igrexa, Os Casás); Mesón Froallo (Casavella, A Barqueira); Casa Ignacio (Felgosas, A Barqueira); Rincón de Tania (Felgosa) e, Casa Viuda (Porto, A Barqueira).

Os gañadores serán escollidos polos consumidores, que deberán outorgar unha puntuación aos cinco petiscos, valorando o sabor, a presentación e outras cualidades que consideren oportunas.

Ao emitir o seu voto, os consumidores entrarán no sorteo de tres premios consistentes nun vale de consumición en calquera dos locais participantes.

O alcalde, Alberto Rey, agarda repetir a gran acollida de anos anteriores para deste xeito “repetir esta iniciativa a través da cal damos a coñecer os nosos produtos e as habilidades culinarias dos bares e restaurantes de Cerdido”. Do mesmo xeito, convida á veciñanza e a visitantes de municipios da contorna a “ser partícipes dun dos grandes eventos gastronómicos do ano en Cerdido”.

Consulta aquí as bases: bases concurso pinchos 2024 (2)