O sábado 30 de agosto, Os Casás acollerá a décimo quinta edición da malla tradicional, unha xornada na que se conxugan tradición, gastronomía e lecer.
A xornada dará comezo ás 11:00 coa malla do cereal e ás 14:00 as persoas participantes poderán gozar da sesión vermú amenizada coa música de Claudia. Ás 15:00 horas dará comezo a comida popular que incluirá ensaladilla, xamón cocido con cachelos con postre bebida e café e ás 18:00 horas comezará a verbena co acompañamento musical de Claudia.
As persoas interesadas en acudir poderán retirar os convites no Bar Elvis ata o 25 de agosto. Tamén se habilita o número 622 437 494 para facilitar máis información.