Os alcaldes lamentan que o Sergas non dunha data fixa para restablecer o servizo de pediatría.

O xerente da Xerencia Integrada de Ferrol, Ángel Facio, recibeu onte aos alcaldes de San Sadurniño, Secundino García; Moeche, Beatriz Bascoy, e Cerdido, Benigno Galego que lle trasladaron as demandas aprobadas a pasada semana en pleno polos tres municipios esixindo o restablecemento das condicións nas que viña prestando a atención pediátrica nestes municipios e no das Somozas, antes do traslado da facultativa.

Á saída do encontro, os tres alcaldes sinalaron que o único cambio destacable é que serán catro facultativos e non tres –uno deles pediatra– os que “de forma voluntaria” atenderán aos nenos alternándose, durante catro horas diarias de luns a venres pero que o servizo continuará centralizado sine die en tanto non apareza un especialista que ocupe o posto.