Información, orientación e asesoramento.

Trátase de informar os cidadáns sobre os diferentes dereitos e recursos en materia de Seguridade Social, así como orientar e asesorar sobre problemáticas específicas.

Actualmente abranguemos os seguintes proxectos:

Información básica para a muller.
Información básica para a 3ª idade.
Información básica para os minusválidos.
Información básica para a xuventude.
Información básica para a poboación en xeral.
Sensibilización e fomento da solidariedade da poboación en xeral.

Inserción Social.

Consiste en previr situacións de marxinación, as súas causas e a integración e participación no medio social das persoas ou grupos desfavorecidos.

Inclúe os seguintes servizos:

Cobertura de Emerxencias Sociais Individuais e/ou Familiares.
Xestión e Seguimento de Bolsas de Protección á Infancia.
Xestión e Seguimento de RISGAS.
Información e Xestión de Inserción Laboral e Social.
Inclusión Social.
Área 3ª idade.
Área de inmigrantes.
Área de minusválidos

Programa de animación, prevención e cooperación social.

Consiste en potenciar a participación de persoas e grupos na vida comunitaria fomentando a iniciativa social, solidariedade, asociacionismo e voluntariado, así como favorecer a toma de conciencia dos cidadáns sobre os seus problemas.

Inclúe os seguintes servizos:

Cooperación con outras institucións ou organizacións.
Sensibilización en xeral.
Programa “Vacacións en Paz”.
Campaña de Nadal.
Proxecto Voluntariado.
Proxecto Prevención de Drogodependencias

Programa de familias e unidades de convivencia.

Consiste en prestar un conxunto de actuacións en situacións onde a persoa teña limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desintegración familiar.

Medidas básicas de apoio a familias.
Servizo de axuda a domicilio.
Servizo de teleasistencia domiciliaria.
Proxecto de cheque asistencial