Segundo datos recabados da área de Tesourería, o Concello de Cerdido, a data de 1/01/2023 dispón de un saldo de 564.239 euros.

No período de seis meses dende o 1/01/23 a 16/06/23 o Concello ingresa, sobre todo por achega doutras administracións (impostos e tributos…) a cantidade de 533.660 euros, o que incrementa o saldo inicial a un total de 1.087.900 euros, no mesmo período de seis meses os gastos do Concello ascenden a 932.178 euros, o que implica que cando este goberno toma posesión do cargo na conta do Concello o importe era de 153.015 euros.

Tamén figura un crédito contratado polo anterior goberno de 154.777 euros con Abanca que (deberemos amortizar cos correspondentes intereses) para facer fronte a nóminas de persoal, facturas, etc.

A maiores, como gasto significativo, con data 31/07/23 o Concello debe ter feito o pago da parte final da obra do alumeado público ( subvención do IDAE) por importe de 230.000 euros.

***