Xa están en marcha as actividades extraescolares da ANPA da Barqueira para este curso 2024-2025.

Este ano, o Concello patrocina as clases, que serán completamente de balde, ofrecendo unha ampla proposta que inclúe debuxo, inglés, teatro e mecanografía e informática, ademais dunha actividade mensual dirixida ao grupo de infantís.

Un programa pensado para fomentar a creatividade, o aprendizaxe e a participación do alumnado, nun ambiente educativo e lúdico.