En conmemoración polo día internacional do libro, que se celebra o día 23 de abril, o Concello pon en marcha o concurso de contos que xa vai na súa XXIII edición.

As obras que se presenten han de ser preferiblemente en galego, obras que non se presentaran anteriormente ao concurso e ten que ser sobre Cerdido.

Poden presentar contos crianzas de até 14 anos, e a extensión máxima será de 4 folios Din A4.

Os relatos poden enviarse ata o 12 de maio nalgunha das seguintes opcións:

– Por correo electrónico: cultura@cerdido.es

– Por correo postal: Felgosas s/n, 15569 A Barqueira, Cerdido.

– Poden tamén presentarse directamente nas oficinas municipáis.

Os traballos premiados serán agasallados cun lote de libros.